viernes, 17 de octubre de 2008

Lendoiro pide a xunta patrocinio a través do xacobeo.

Anxo Quintana: "Contra o pecado de pedir está a virtud de non dar".


Señor Anxo, que carallo me estás contando, non hai que ser irónico para demostrares que eres un celtarra, que tes sangue portuguesa. Lendoiro, que pretendes sacar da xunta se a telegaita xa patrocina o real club Celta de lisboa???.

Cátering José Luis e xa está.


Un saúdo.



PD: preséntanse unhas eleccións moi quentes.

BREVES

EL PROGRESO:

ESPAÑA Detenido un
hombre por tratar de
vender a dos hijas, de
dos y cuatro años.



Manda Collóns.

ATAQUE ESCAMPE


Ataque Escampe pecharán en decembro un ciclo. Até maio de 2009 non darán concertos, primeiro porque o corpo e a mente piden un descanso e segundo porque estarán mergullados na xestación do seu segundo disco longo. O novo material terá pouco que ver co que entregaron até o de agora, tanto na produción musical como no imaxinario das letras.

A web da Axencia Audiovisual Galega chega ás 2.000 novas

A páxina web estase consolidando como unha excelente ferramenta de traballo para o sector. Este espazo virtual serviu de punto de reunión do sector audiovisual onde xente da industria e creadores individuais enviaron informacións sobre o que lle acontece e sobre os seus traballos.

Noraboa e que isto aumente.

O Enigma de Pontemaceira (Proxecto de curtametraxe)

SIPNOSE:

Despois de que a familia Waldemor lle fosen embargadas as súas pertenenzas deciden mudarse a Ponte Maceira, un pobo cargado de misterio e intriga. Sam (fillo maior da familia), cóntanos en primeira persoa a lenda que aterrorizou no seu momento os habitantes de Ponte Maceira. Unha vez asentados no pobo, os Waldemor sufrirán unha noite tráxica nas súas vidas. Realidade e ficción daránse a man no momento menos esperado.

Satisfaríame que comentasen as súas opinións sobre o párrafo anteriormente leído.

Unha aperta,